O club anunciará o domingo os doce xogadores máis votados do equipo histórico

La Voz

ANDAR MIUDIÑO

Álvaro Ballesteros

Ricardo Aldrey e Tonecho Lorenzo están entre os vinte e cinco que recibiron máis apoios

20 oct 2022 . Actualizado ás 20:34 h.

Ao longo das últimas semanas o Obradoiro instou os seus afeccionados a que elixisen a través das redes sociais o que, ao seu entender, sería o mellor equipo da historia, coa posibilidade de mesturar xogadores de todas as épocas excepto os que chegaron a Sar este verán.

Entre os mais votados figuran dous históricos, Tonecho Lorenzo e Ricardo Aldrey. Completan a lista os 23 que seguen, todos eles dos tres últimos lustros: Eimantas Bendzius, Tuky Bulfoni, Angelo Caloiaro, Alberto Corbacho, Robbie Hummel, Oriol Junyent, Levon Kendall, Maxi Kleber, Stephane Lasme, Rafa Luz, Mickey McConnell, Salah Mejri, Mike Muscala, Pepe Pozas, Pavel Pumprla, Artem Pustovyi, Kassius Robertson, Andrés Rodríguez, Thomas Scrubb, Maxi Stanic, Matt Thomas, Kostas Vasileiadis e Adam Waczynski.

Os afeccionados que acudan ao Multiusos de Sar este domingo para presenciar o encontro ante o Valencia coñecerán cales destes vinte e cinco xogadores foron os elixidos como os doce do equipo histórico.