Rigor táctico

Fran Camba

ANDAR MIUDIÑO

Carla Cortes

17 abr 2021 . Actualizado ás 00:52 h.

O Obra enfrontouse en Valencia ao enésimo reto da tempada, esta vez á ausencia de Robertson, o xogador con máis minutos en pista e o único que, xunto a Enoch e Beliauskas, participara en todos os encontros da tempada.

Os equipos de Ponsarnau sempre se caracterizaron por un rigor táctico esaxerado, iso tradúcese en moi bos datos en aspectos craves do xogo, sobre todo na distribución dos lanzamentos de campo. Son o equipo de maior consumo a menos de tres metros do aro e tamén absorben un volume elevado desde as esquinas do triplo, as zonas máis eficientes. Ademais, mostran un coidado exquisito do rebote ofensivo, Tobey leva anos sendo un dos mellores xogadores da liga nesta faceta.

A aposta de calquera equipo que se en fronte aos valencianos debe ser claramente cambiarlle esas zonas de lanzamento e o Obra non o conseguiu. Ata 50 puntos dos valencianos chegaron preto do aro, e o peor é que acadaron unha eficiencia de 1,56 puntos por lanzamento cando o normal é non superar 1,30.

A xornada dobre comprimida en menos de 48 horas obriga xa a pensar en Gran Canaria