Incrementando a capacidade ofensiva

Fran Camba A Cuatro BANDAS

ANDAR MIUDIÑO

SANDRA ALONSO

14 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Obra chegou ao parón da Copa cun fantástico 45 % de vitorias, moi por amais do 35 % que asegura o título da permanencia, e volveu a demostrar a capacidade de adaptación ao que demanda a liga para gañar partidos.

As últimas tres edicións da Liga Endesa demostran que hai tres factores cun impacto definitivo sobre o resultado dun partido: a capacidade ofensiva por amais da defensiva, a porcentaxe de posesións perdidas e a porcentaxe de puntos que se reciben desde o tiro libre.

O Obra ha ir subindo o seu rendemento ofensivo nas últimas campañas (este ano está en 1,10 puntos/posesión polos 1,07 o anterior), cunha clara aposta polo lanzamento de 3, o máis rendible para o equipo. Logrou, sobre todo nas últimas xornadas, reducir a porcentaxe de perdas ata o 17,4 %, xa non está entre os 5 peores neste apartado e encaixa menos do 20 % dos puntos desde o tiro libre, unha combinación de factores idónea para acadar o obxectivo marcado.