Santi Yusta: «A afección e a cidade son a esencia do Obradoiro»

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

Subliña que o Madrid «está con moita confianza»

21 oct 2018 . Actualizado ás 23:14 h.

Santi Yusta lesionouse antes da Supercopa. Xa recuperado, foi un dos xogadores con máis minutos ante o Monbus Obradoiro. E aproveitounos ben. Declarouse moi contento polo reencontro con Sar: «A afección e a cidade son a esencia do Obradoiro. Alégrame moito volver aquí, agardo que lle vaia moi ben ao equipo». Sobre a marcha que está a levar o Real Madrid esta tempada, na que non perdeu ningún partido, indicou: «Sabemos que temos moitos xogadores, que cada un dos que está en pista vaino facer ben, confiamos os uns nos outros. Estamos con confianza». Ao Obradoiro veo na liña de todos os anos: «É parecido a cando estaba aquí. Reúne bos xogadores, ten boa dinámica e confío en que lle vaia moi ben».