Bendzius estará de baixa entre tres e seis semanas

ANDAR MIUDIÑO

SANDRA ALONSO

Ten poucas opcións de volver xogar esta tempada

29 abr 2018 . Actualizado ás 20:19 h.

Eimantas Bendzius completa a súa terceira tempada no Monbus Obradoiro. Ata o sábado, participara en todos os partidos. Fronte ao Estudantes foi baixa e as probas médicas confirmaron que sofre un forte hematoma na zona do vasto interno do cuádriceps da perna dereita que lle obrigará a estar de baixa un período de entre tres e seis semanas.

A falta de cinco xornadas para que conclúa a fase regular da Liga Endesa, no mellor dos casos o aleiro lituano podería chegar á penúltima xornada (o 19 de maio en Tenerife) ou á últma (o 24 de maio en Sar, fronte ao Baskonia).

A lesión de Bendzius produciuse no partido de Illunbe fronte ao Gipuzkoa Basket, froito dun forte golpe na perna. Non pode exercitarse co grupo e realiza traballo de recuperación baixo a supervisión do fisioterapeuta do club, Tomas Richartz.