Xa se vive a «experiencia Naseiro», que arrincou co tradicional día do polbo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Pepa Losada

Os romeus xa están en «modo festa rachada» para o próximos cinco días

23 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Arrincou en venres Naseiro e fíxoo con gastronomía, que será a tónica do próximos cinco días restantes na romaría viveirense xunto ao Landro. Moitos prepararon os seus bártulos para trasladarse temporalmente a esta contorna e vivir a «experiencia Naseiro» ao cento por cento. Incluso permite certa desconexión dixital. Segue a cita neste sábado potente, con misa (13.30), procesión e sesión vermú (de 14.30 a 16.00), máis verbena (23.00 horas) con Elebé e Paixón.

O que vai a Naseiro sabe ao que vai. Aínda que é unha festa que, como todas, cambiou moito de fisionomía, búscase que a súa esencia permaneza, desde aquela que vez que traballadores de Chavín reuníronse para comer ao aire libre nese lugar e sentaron a base dunha tradición que aínda hoxe arrastra a cuadrillas e familias enteiras. Comer, beber, bailar e charlar centran unhas xornadas festivas tan intensas que algúns negocios locais pechan sempre por estas datas.