Comunicado oficial de Sons de Celeiro, que non actuará nas Festas Patronais de Viveiro

Sons de Celeiro

VIVEIRO

<span lang= gl >Sons Celeiro, este verán no Festival de Habaneiras de Ortigueira</span>
Sons Celeiro, este verán no Festival de Habaneiras de Ortigueira

14 ago 2025 . Actualizado a las 09:53 h.

O grupo musical Sons de Celeiro desexa informar publicamente dos motivos polos que non estará presente nas Festas Patronais e de verán de Viveiro 2025. Pois non, sentíndoo moito, non participamos na programación cultural das festas patronais de Viveiro 2025.

Despois do cambio de goberno en marzo, no mes de xuño contactamos co novo equipo de goberno, para saber se contarían con nosoutros para participar dentro da programación das festas patronais 2025, como viñamos facendo dende hai anos, a pesar de que o Concello, nos confirmara inicialmente a nosa actuación. Días despois, recibimos a noticia de que non seria posible por «falta de orzamento».

Esta decisión parécenos difícil de comprender, especialmente cando o Concello anunciou hai uns días subvencións por un total de 188.000 euros para a promoción turística e cultural.

Esta situación non só nos deixa fóra dunhas festas nas que participamos dende hai anos, senón que tamén mostra unha falta de consideración cara o traballo dos artistas locais, que dependemos de este tipo de actuacións para poder financiarnos, xa que Sons de Celeiro non recibe ningun tipo de subvención nin axuda de ningunha administración; pero si necesita dun orzamento para poder seguir creando e cubrindo os gastos que xenera. Como calquera outro grupo e proxecto musical que o require.

Queremos deixar claro que non actuaremos gratis nunha programación oficial. Sempre colaboramos co Concello en condicións xustas, e, aínda que participamos altruistamente en varios eventos benéficos, consideramos que non é aceptable que se pretenda soster unha programación cultural dunhas festas patronais a costa do traballo non remunerado dos artistas locais.

Reivindicamos o respecto e a dignidade do noso traballo, e pedimos que se xestionen os recursos culturais con transparencia e equidade.

Acompañamos este escrito cunha carta-felicitación por parte do Concello de Viveiro, que parecía estar orgulloso da nosa andaina musical, sempre levando o nome de Celeiro e Viveiro, como estandartes da nosa discografía. Nela inclúense moitos temas inéditos. Nos nosos vídeos musicais, en Radiovoz, na Radio Galega, e en moitas outras actuacións de programas televisivos.

Agradecemos o apoio do público que nos segue, e agardamos poder ofrecer a nosa música a Viveiro, a Celeiro e outros lugares, sempre como fixemos e como se merece.

 Boas festas patronais a veciños e visitantes.

GRUPO DE VOCES SONS DE CELEIRO