
Axentes da Policía Local investigan un suceso que tivo lugar na madrugada do venres ao sábado
07 jun 2025 . Actualizado á 12:40 h.Axentes da Policía Local de Viveiro investigan o incendio de dous colectores situados en Lodeiro. Segundo información facilitada, o suceso produciuse na madrugada do venres ao sábado na zona da gardería e afectou a dous colectores colocados no tramo que dá acceso á rúa Benito Galcerán. Ao parecer, unha ou varias persoas cometeron un novo acto vandálico procedendo á queima intencionada dos depósitos de residuos. Ao lugar desprazáronse tamén efectivos do Parque de Bombeiros, así como da Policía Nacional.
A finais de abril, os vándalos queimaran un illote de colectores situada na rúa Benito Galcerán, fronte á residencia de anciáns Betania.