Avisan ao 112 dun incendio controlado na zona de pinturas dunha nave empresarial no polígono de Landrove, en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Acudiron os bombeiros, Protección Civil e Policía Nacional á primeira hora da tarde á nave afectada

16 may 2024 . Actualizado á 17:32 h.

Ao redor das dúas da tarde deste xoves un particular advertiu ao  Servizo de Emerxencias do 112 en Galicia por un posible incendio nunha nave situada no polígono industrial de Landrove, en Viveiro. Informaba que se iniciou nunha sección de pintura dun taller, pero que xa estaba controlado e tampouco precisaban asistencia sanitaria. Con todo, solicitaba que se desprazasen bombeiros do parque de Viveiro para valorar a situación e verificar que non había ningún risco engadido.

Así se fixo, xa que as pinturas son un material perigoso, as forzas de emerxencias comprobaron que non había maior perigo. Desde o Servizo de Emerxencias do 112 tamén informaron a Augas de Galicia, á agrupación de Protección Civil de Viveiro e á Policía Nacional, que se desprazaron ata a nave afectada.