Os políticos poderán mitinear en 106 espazos públicos da Mariña

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

Viveiro e Ribadeo sobresaen con 15 locais en cada un

20 mares 2019 . Actualizado ás 19:54 h.

A partir da medianoite do 13 de abril, cando comezará a campaña electoral para as xerais do 28 de abril, os políticos poderán mitinear en 106 espazos públicos dos quince municipios da Mariña. Por opcións sobresaen Viveiro e Ribadeo, con quince cada un, todos propostos polos Concellos.

Xa é público a relación de locais oficiais e lugares públicos a disposición das candidaturas. A Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo detállaos nun anuncio do Boletín Oficial da Provincia de Lugo, con horas, días e excepcións por outras actividades programadas.

Alfoz habilitou un local para os mitins; Barreiros, seis; Burela, dous; Cervo, tres; Foz, doce; Lourenzá, seis; Mondoñedo, once; Ourol, cinco; A Pontenova, un; Ribadeo, quince; Trabada, doce; O Valadouro, tres; O Vicedo, cinco; Viveiro, quince; e Xove, nove. Varían os horarios, polo que, como habitualmente, as candidaturas en liza deberán aterse nas súas solicitudes ás condicións de cada un.