Os viquingos tomaron O Vicedo nun espectacular e multitudinario desembarco

La Voz

O VICEDO

Pepa Losada

A romaría continúa este sábado con comidas campestres, desfile, enterramento e voda, ademais de moita música

29 jul 2023 . Actualizado á 16:53 h.

A Romaxe Viquinga do Vicedo vive este sábado o seu gran día. O espectacular desembarco congregou este mediodía a unha multitude na praia de Area Grande / San Román, que presenciou a continuación a batalla entre o Rei Björ Ragnarrson Costela de Ferro contra as tropas cristiás do Rey Ramiro I. Queiman e Pousa organiza a vistosa escenificación. 

A xornada deste sábado reserva moito máis para aquelas persoas que se acheguen ao Vicedo: comidas campestres, campamento, desfile, contacontos, música de Aileach, actuación de Covagueira Folk e taller de coiro. Pola noite (22.15 horas) será o taller nocturno, o enterramento viquingo, o Queiman Folki e a voda viquinga.

Esta romaría ten lugar onde se supón que existiu un asentamento viquingo, en San Román; de feito, os arqueólogos realizaron escavacións sobre o devandito asentamento. Aí está a orixe desta festa viquinga no Vicedo.