
A conselleira Fabiola García visitou o municipio acompañada do alcalde, José Manuel Lamela
18 ago 2025 . Actualizado á 11:58 h.A Consellería de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este venres o municipio do Valadouro, onde o Goberno autonómico custea con 60.000 euros un programa de envellecemento activo no rural, a través dun convenio de colaboración entre as Administracións autonómica e local.
García fixo fincapé na importancia deste tipo de programas para o benestar das persoas maiores e para combater a soidade non desexada.
As actividades no Valadouro, no marco do mencionado convenio, desenvólvense durante todo o ano, «coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos participantes, con obradoiros centrados nas áreas cognitiva, funcional, física, social e emocional». A través de diferentes talleres, «os maiores traballan a memoria, aprenden o manexo das novas tecnoloxías, fan cestería, adornos florais e cociñan, practican ximnasia e actividades artísticas ou realizan excursións e visitas culturais», sinalou a consellería nun comunicado de prensa.
O programa enmárcase «noutras iniciativas que o Executivo autonómico ten en marcha neste ámbito, como Benestar en Balnearis, as Universidades e Aulas Sénior ou o Carné + 65». García estivo acompañada na súa visita polo rexedor, José Manuel Lamela.