Pescadores de altura de Galicia e Asturias celebraron no Valadouro a súa reunión anual

La Voz O Valadouro / LA VOZ

O Valadouro

65 afeccionados «desde Sada a Tapia» reuníronse na Mariña

14 ene 2024 . Actualizado ás 09:51 h.

Un grupo de 65 persoas unidas pola súa afección pola pesca de altura chegadas de Galicia e Asturias participou nunha nova edición da súa concentración anual, esta vez celebrada no Hotel Asturias de Ferreira do Valadouro.

«Escollemos este local, en parte, por deferencia cara os moitos invitados que tivemos de Asturias. Íamos ser 76, pero é tempo de gripe e fallaron algúns por enfermidades e outras cousas. Aínda así fomos 65, practicamente enchemos o comedor do restaurante», apuntou Jesús Novo, o alcalde do Vicedo e un dos promotores desta quedada que agrupou a . «pescadores que imos ao bonito e abarcamos toda a costa desde Sada ata Tapia de Casariego» «É o quinto ou sexto ano que facemos esta xuntanza. Temos un grupo de wasap e entre todos organizámonos para vernos», detallou.

«Comemos un cocido, que, por certo, estaba espectacular», engadiu sobre unha xornada que se alongou entre conversacións, «contos», risos e anécdotas nas xornadas de pesca dos concursantes na cita.