Unhas xornadas profundarán en Vilanova de Lourenzá sobre a sociedade, a economía e a cultura maragatas

La Voz LOURENZÁ / LA VOZ

LOURENZÁ

Non dispoñible

Haberá charlas, unha ruta e proxectarase un vídeo os días 3 e 4 de maio

25 abr 2024 . Actualizado á 12:23 h.

Os días 3 e 4 de maio celebraranse en Lourenzá «Maragata Casa Fala», as Xornadas sobre Sociedade, Economía e Cultura maragatas. O venres 3, ás 19 horas, terá lugar a inauguración coa presenza da rexedora Rocío López; os presidentes da Deputación lucense e leonesa, José Tomé e Gerardo Álvarez (pendente de confirmación) e o presidente de Maragata AC, Xoán Rodríguez Rivas.

Proxectarase un vídeo e dará comezo o relatorio «A burguesía maragata», a cargo de Laureano M. Rubio, catedrático de Historia Moderna da Universidade de León, presentado por Abel Fernández, doutor en Historia da Arte.

O 4 haberá varios relatorios: «A contribución maragata ao desenvolvemento económico de Lourenzá», a cargo de Vidal Martínez-Sierra, presidente do GDR Terras de Miranda e «Andrés Martínez Salazar e a cultura galega», con Pedro López, catedrático de Biblioteconomía da Universidade da Coruña. Seguiralle unha ruta e, antes de clausúraa, será a charla «Comunicación efectiva e emocional para un patrimonio singular», con Elvira Lezcano, docente e investigadora da Facultade de Turismo. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, clausurará o acto.