Piden un ano de prisión para un home por ameazar á súa exparella en Foz, da que se divorciou pero seguían vivindo xuntos con tres fillos

La Voz

FOZ

Vista de Foz (imagen de archivo)
Vista de Foz (imaxe de arquivo) PEPA LOSADA

A Fiscalía acúsalle tamén dun delito de danos, ao romper un cadro da vítima no contexto dunha discusión

24 may 2024 . Actualizado á 17:57 h.

A Fiscalía pide un ano de cárcere para un home acusado dun delito de ameazas e doutro de danos. Segundo o Ministerio Fiscal, o home díxolle á súa exparella que a ía a matar durante unha discusión. A vista celebrarase no Xulgado do Penal 2 de Lugo o vindeiro luns, 27 de maio.

Os feitos ocorreron, de acordo co escrito de acusación, o 17 de agosto do 2022, no domicilio familiar de Foz. O acusado divorciárase da vítima un ano antes, a pesar de o que ambos continuaban residindo na vivenda, en compañía dos seus tres fillos.

Sobre as 22.30 horas desa noite, o acusado iniciou unha discusión coa vícitima, recriminándolle que tirase unhas botellas de alcol. Frustrado por esta circunstancia, fracturou cun pequeno martelo o cristal dun cadro de punto de cruz que ela realizara, ao tempo no que lle dicía que a ía a matar, marchándose a continuación do domicilio ao chamarlle a muller a antención, dicíndolle que parase.

A Fiscalía pide ademais a inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo de condena e a privación do dereito e á tenencia e porte de armas por dous anos e un día. Aisimismo, reclama unha orde de afastamento durante ese mesmo prazo, non podendo achegarse a menos de 150 metros da vítima, así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera método. Polo delito leve de danos, solicita tres meses de multa a razón de sete euros por día. En responsabilidade civil, unha indemnización polo valor do cristal fracturado.