A Coral Polifónica de Foz participará en Baiona no Festival das Letras Galegas

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

CEDIDA

Actuará no centro cultural de Belesar o 25 de maio

22 may 2024 . Actualizado á 12:04 h.

O centro cultural municipal de Belesar, no concello de Baiona, acollerá o sábado 25 de maio o Festival das Letras Galegas, a partir das 20 horas.

Está prevista a actuación da Coral Polifónica de Foz, a Coral Polifónica Bergantiños (Carballo) e a Coral Polifónica San Lourenzo (Belesar-Baiona). Organiza o centro cultural en colaboración co Concello e Auga Sa.