Ou Bispo Santo, a festa e romaría que abre a tempada e anima a área recreativa de Foz

e. g. FOZ / LA VOZ

FOZ

Celébrase esta fin de semana en Foz, ata este domingo, cun tempo tipicamente primaveral

18 may 2024 . Actualizado á 14:42 h.

Cun tempo tipicamente primaveral, Foz vive a súa romaría de Bispo Santo, unha das que abre a súa tempada festiva na comarca e é como un adianto ao que queda por vir. Na área recreativa, familias e cuadrillas gozan esta fin de semana da boa compañía, a boa comida e a boa música. Todo bo, aínda que o clima varíe tanto por ocasións. Abriu o programa festivo Tania Veiras, segue a festa ata mañá, que haberá misa ás 13.30, sesión vermú con D'Cano e Mekanika Rolling band, que aseguran bailoteo.