Gestagua anuncia 48.000 euros de investimento en Foz para mellorar o filtrado da potabilizadora

FOZ

Vista de Foz desde Barreiros
Vista de Foz desde Barreiros PEPA LOSADA

O goberno local mantén por agora a recomendación de non usar a traída para beber ou cociñar, ante a detección de valores de trihalometanos (THMs) por amais dos parámetros permitidos

06 sep 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Gestagua, a concesionaria do servizo de auga en Foz , anunciou onte que acordou co Concello a adquisición, por 48.000 euros, dun novo medio filtrante para mellorar a capacidade de filtrado da potabilizadora do municipio. O goberno local mantén por agora a recomendación de non usar a traída para beber ou cociñar, ante a detección de valores de trihalometanos (THMs) por amais dos parámetros permitidos (100 microgramos/litro).

A empresa concesionaria asegura que se substituirá o actual medio filtrante, baseado en area silícea, por un de arxila expandida, que «permitirá un aprovechamiento de recursos superior». O cambio suporá «mayor eficiencia de filtración, mayor velocidad de filtrado, ciclos más largos con lo que eso supone en ahorro de energía y de agua, y menor caudal de aire y de agua de lavado». Ademais dos 48.000 euros previstos para instalar o novo medio, investiranse outros 5.000, sinala Gestagua, na adecuación de equipos electromecánicos e medios auxiliares para as operacións de substitución.

A firma atribúe a actual situación en Foz «a los efectos más inmediatos del cambio climático, que incluyen tanto episodios de sequía como de precipitaciones intensas, circunstancias que implican una mayor afluencia de materia orgánica a la estación de tratamiento de agua potable (ETAP), y que previsiblemente continuarán en el futuro».

«Desde Gestagua se puso en marcha, como medida de urgencia, el cambio del reactivo empleado en la preoxidación para minimizar la presencia de cloro en la potabilización del agua. El otro componente indispensable para que proliferen los THMs es la materia orgánica, que en combinación con el cloro, genera los compuestos organoclorados precursores de los trihalometanos», engade.

O PP pide «solucións»

O PP de Foz formalizou onte a petición dun pleno extraordinario para que o Concello aclare as causas do problema da auga no municipio. «O mínimo que deben facer son análises, pero teñen que dar solucións aos veciños», sinala a formación conservadora.