Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Hugo Gorgojo, do IES Perdouro, logrou tres medallas na Olimpíada Internacional de Xeoloxía, na China

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

IES Perdouro

O estudante do centro burelense participou na competición celebrada en Jining na primeira quincena deste mes

20 ago 2025 . Actualizado á 22:31 h.

Hugo Gorgojo Basanta, estudante do IES Perdouro de Burela, logrou tres medallas na International Earth Science Olympiad (Olimpíada Internacional de Xeoloxía) que se celebrou entre os días 7 e 17 deste mes na cidade chinesa de Jining.

Segundo informaron desde o propio instituto, o estudante logrou unha distinción de bronce en Earth Science Project Category; outra de prata en International Field Team Investigation e outra de bronce en Individual Test Category.

Hugo Gorgojo xa lograra o primeiro posto na subsede galega de San Sadurniño, dentro da fase autonómica, e foi cuarto na fase nacional celebrada en Tremp (Lleida).

A China viaxou con outros tres representantes de España, concretamente de Santiago, Salamanca e Badaxoz, que tamén obtiveron bos resultados na competición celebrada en Jining. Visitaron o monte Fénix, a montaña Shimen, o lago Taibai —o maior do norte da China— o geoparque Yangshang...

«Nestes lugares de relevancia xeolóxica participaron en varias probas teóricas e prácticas nas que realizaron proxectos e traballos de campo», explican desde o instituto burelense.