
Confírmao o Concello, que explica que participarán «nun acto vencellado á pesca»
11 jun 2025 . Actualizado á 16:53 h.O Concello de Burela confirmou este martes que dentro de sete días, o vindeiro martes, os reis de España, Felipe VI e Letizia, visitarán a localidade para participar «nun acto vencellado á pesca, ao que o mar nos dá, ao que somos. Trátase dunha visita de especial simbolismo para a nosa vila, estreitamente ligada ao mar, á súa cultura, economía e identidade».
O Concello destaca que a visita das súas maxestades supón un recoñecemento a Burela como un dos centros pesqueiros máis importantes do país «cun porto que leva décadas apostando pola calidade, a modernización e a competitividade, e cunha lonxa que se ten consolidado como referente no sector. Burela medrou grazas ao sector do mar. Máis de cen anos de historia, traballo e sacrificio dan sentido a unha identidade que nos une. Porque Burela é mar. Sempre foi. Sempre será».
Tras recalcar a importancia da visita real do próximo martes e o orgullo que supón para Burela, o Concello interprétaa como «un xesto de apoio institucional e un impulso para seguir defendendo a pesca como motor económico, social e cultural do noso territorio».