Festa total na Marosa: o Burela tira de épica para remontar ao líder e seguir soñando co ascenso (2-1)

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

Xaime Ramallal

Yago Ramos e Miguel Gomes premiaron ao final a entrega do conxunto mariñán nun campo que foi unha caldeira ante o Pol

24 mares 2024 . Actualizado ás 22:14 h.

SD BURELA, 2: Kiko; Jairo López (Hugo Rodríguez, min 87), Jairo Campo (Flavio, min 70), Vila, Álex Esquerdeiro, Camiña (Yeray, min 90), Javi Celes, Yago Ramos, Xoel Rodríguez (Miguel Gomes, min 70), Deán e David Ben (Hugo Veiga, min 87).

SD POL, 1: Manu Cedrón; Julio Camba, Roi Campos, Omar, Gerardo, Nadir (Poratti, min 73), Marcos, Samu, Álex Pérez, Agus e Alvarito. 

GOLES: 0-1, min 31: Marcos. 1-1, min 75: Miguel Gomes. 2-1, min 77: Yago Ramos.

ÁRBITRO: Marco Antonio Fernández. Amarelas a Jairo López, Camiña e Julio Camba.

INCIDENCIAS: Ambientazo na Marosa.

O Burela soña aínda máis forte co ascenso a Preferente tras vivir un día para o recordo na Marosa. O seu campo encheuse para recibir ao Pol, un líder sólido e cun persoal doutra categoría, e viviu unha festa coa épica remontada do indomable exército de Luchi Salgueiro, que se consolida na segunda praza a cinco puntos do seu rival e en postos de play off.

O choque entre os encumbrados polos resultados como os dous mellores equipos lucenses de Primeira Galicia non decepcionou. Jairo Campo avisou pronto nun cabezazo que se estrelou no pau, pero os visitantes adiantáronse á media hora nunha xogada de estratexia que culminou o exviveirista Marcos González de chilena.

Cos mariñáns envorcados para tratar de rescatar algo positivo, Omar e Gerardo Carreira dispuxeron de espazos e oportunidades para sentenciar, pero Kiko Mariño salvou a papeleta e o Burela reaccionou en dous minutos de tolemia.

Dous futbolistas da casa desataron a festa total na Marosa entre o 75 e o 77. Miguel Gomes definiu con algo de fortuna no rexeite unha boa acción combinativa, e foi Yago Ramos o encargado de pór o 2-1 no remate a un balón parado. 

Os outros mariñáns

Ademais, o derbi entre o Lourenzá e o Xove Lago rematou sen goles, e o Foz sumou un importante triunfo na súa visita á Milagrosa.

LOURENZÁ 0-0 XOVE LAGO

ED LOURENZÁ, 0: Clemente; Raúl (Carreiras, min 84), José Antonio, Jorge, Garrafín, Óscar Paz (Luis, min 45), Yago Cruña (Álvaro, min 88), Xoel Otero (Lucas, min 63), Diego Rivas (Bermúdez, min 45), Suso Foro e Isaac.

UD XOVE LAGO, 0: Trullo; Charly, Alberto, Dani Celeiro, Diego Vicente (Hugo, min 78), Maikel, Iago Rodríguez, Andrés Pernas, Samuel (Jorge Insua, min 63), Carlos Teixeira e Kevin. 

ÁRBITRO: Abdelouadoud Boutzakate. Amarelas a Isaac, Raúl, Lucas e Luis.

INCIDENCIAS: Santa Cruz.

MILAGROSA 1-2 FOZ

MILAGROSA, 1: Elías; David López (Cabana, min 53), Braña, Galego (Rielo, min 65), Pajón (Leo, min 65), Joel, Miguel Arias, Álex Rodríguez, Álex Freire (Marco, min 53), Juan Vilor (Michael, min 73) e Rafa Arias.

CD FOZ, 2: Tomás; Adán, José, Dani Chao, Anxo (Aarón, min 76), Manolo, Do Viso, Couceiro, Rivera, Álvaro Moreda e Bouso. 

GOLES: 0-1, min 50: Dani Chao. 0-2, min 86: Manolo. 1-2, min 88: Marco, de penalti.

ÁRBITRO: David Pereira. Amoestou a Joel, Rivera, José e Anxo.

INCIDENCIAS: Luis Gorgoso.