Operativo de urxencia na rotonda da autovía en Barreiros para intentar salvar a vida a un pasaxeiro que sufriu unha parada respiratoria

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

XAIME RAMALLAL

Foi trasladado ao hospital nunha ambulancia escoltada pola patrulla da Garda Civil de Ribadeo

21 sep 2023 . Actualizado ás 12:17 h.

Ao redor das once da mañá deste mércores un home que viaxaba como pasaxeiro nun automóbil sentiuse indisposto. O condutor do vehículo detívose á altura da rotonda do acceso á autovía do Cantábrico na Espiñeira (Barreiros) e deu a voz de alarma. O 112 mobilizou un amplo dispositivo de urxencias, acudindo Urxencias Médicas, a Garda Civil e o médico do centro de saúde de San Cosme. Tamén colaborou outro médico de nacionalidade estranxeira que se detivo a axudar. A vítima, un home de 83 anos nado en Guipúzcoa , sufrira, ao parecer, un ataque cardíaco. Tras practicarlle manobras de reanimación cardiopulmonar durante 45 minutos, finalmente foi estabilizado e trasladado ao hospital de Burela en ambulancia, escoltada pola patrulla da Garda Civil de Ribadeo .