Castro do Ouro segue na cabeza nas Olimpíadas de Alfoz

La Voz

ALFOZ

CEDIDA

19 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado 21?•?17.00 horas?•?Pavillón Municipal de Alfoz?•?«Despois dás probas deportivas, foi a quenda dás probas culturais onde vos participantes dous distintos equipos tiveron que enfrontarse, por parroquias, ás probas dun, dous, tres, Trivial Pursuit e Stop». Quen nos fai de relator das V Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz é o concelleiro de Cultura, Xabier Pardiñas. «Esta segunda xornada ?continúa en alusión á do pasado sábado? segue deixando na cabeza dá clasificación xeral ó equipo dá parroquia de Castro de Ouro con 348 puntos e pon en segundo posto e gañador dá xornada ó equipo dá parroquia de Lagoa con 238 puntos na clasificación xeral». En cultura, o terceiro foi o equipo de Pereiro-Oiras, o cuarto Carballido, o quinto Mor, o sexto Adelán, o sétimo Bacoi e o oitavo Reirado-Vilaúde.

A seguinte, artística

Os «olímpicos» alfoceses enfrontaranse este sábado á proba artística, con actuación a elixir de música, baile, teatro, monólogos, humor... Agardamos resultados.