
Marisol Morales estaba de vacacións cando se celebrou o Ribadeo Indiano e agora goza do premio coa súa familia coñecendo a Riviera Maya, onde nunca estivera
20 sep 2025 . Actualizado á 15:34 h.Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio. Esta mexicana afincada en Noruega foi a afortunada. Pasaba uns días de vacacións na vila ribadense, nos que aproveitou para facer diversas compras e así foi como se fixo coas rifas para participar no sorteo deñ Ribadeo Indiano.
Ela é de Veracruz, pero non coñecía a Riviera Maya, «algo que está a facer agora na compaña do seu doo e dá súa filla. Tamén está a aproveitar esta estadía para visitar á súa familia de México, á que levaba moito tempo sen ver. Marisol Morales asegura estar a gozar moito dá cultura, dá gastronomía e dá paisaxe do país», explican desde Acisa, a asociación de comerciantes ribadense.