El PSOE quiere saber cuánto aportó el concello para las fiestas patronales de Viveiro

La Voz

A MARIÑA

MARÍA SIMÓN

Los socialistas alaban el trabajo de la comisión organizadora

08 sep 2025 . Actualizado a las 13:51 h.

El PSOE preguntará en el pleno cuánto aportó el concello para las fiestas patronales de Viveiro. Los socialistas alaban el trabajo de la joven comisión encargada de organizar las fiestas. «O noso grupo municipal, unha vez rematadas as festas patronais de Viveiro 2025, quere trasladar en primeiro lugar o noso recoñecemento a gran labor da Comisión de Festas, á que aplaudimos polo esforzo e dedicación demostrados. Consideramos que as festas foron boas e que moitos dos actos organizados directamente polo Concello tiveron continuidade respecto de edicións anteriores, cando o goberno era socialista», señalan.

«Non obstante, queremos solicitar información concreta sobre varios aspectos: 1. Canto aportou o Concello ás festas patronais deste ano, diferenciando entre as achegas feitas directamente á Comisión de Festas (subvención) e os pagos realizados polo propio Concello. 2. A que se vai destinar exactamente a subvención recibida da Xunta de Galicia, tanto a de promoción turística (145.000 €) como outras cantidades adicionais que se teñan concedido. 3. Despois de recibir ditas subvención por que razón algúns grupos locais non participaron nas festas, logo de que o propio Goberno Municipal lles trasladase que non existía partida económica para contar con eles», preguntan los representantes socialistas.

«Por todo isto, rogamos ao equipo de goberno que nos informe con transparencia e detalle sobre as achegas económicas do Concello ás festas patronais de 2025, así como da aplicación concreta das subvencións concedidas pola Xunta de Galicia», concluyen.