O Seminario de Estudos do Valadouro (Seva) doa a bibliotecas da Mariña a súa colección de Cadernos
O VALADOURO / LA VOZ
A MARIÑA

A publicación comezou no 2013
19 ago 2025 . Actualizado á 19:23 h.O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) vai enviar nos próximos días ás bibliotecas municipais da Mariña, asociacións culturais e outros organismos e institucións de Galicia a colección completa de cadernos que leva publicados desde o ano 2013. A citada colección está composta, polo momento, por 16 números, aínda que os destinatarios só recibirán 14, xa que dous deles están esgotados e pendentes de reedición. O envío ten como obxectivo dar a coñecer ó público en xeral os traballos de investigación e creación que promove o SEVA. O colectivo enviará tamén os traballos que se publiquen no futuro.