«Aínda penso que foi un soño», di DJ Iampiti de Foz, encargado de amenizar o concerto de Jennifer López

Yolanda García Ramos
Yolanda García FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

DJ Iampiti, de Foz, en la «warm up session» del concierto de JLo
DJ Iampiti, de Foz, na «warm up session» do concerto de JLo CEDIDA

«Non mo creín ata que me abriron as portas do recinto e dixeron ou meu nome», sinala Rubén Alonso, que viviu unha experiencia fantástica «picando» en Pontevedra, en imaxes

10 jul 2025 . Actualizado á 20:06 h.

«Aínda agora penso que foi un soño. Viña de madrugada no coche pensando 'foi verdade? Ousexa, de onde acabamos de vir?'», declaraba esta mañá o discjóckey focense Rubén Alonso, Iampiti, tras realizar a noite anterior un encargo moi especial: amenizar a apertura de portas (warm up session) para o concerto de Jennifer López en Pontevedra que arrincaba en Galicia a súa xira mundial Up All Night Ao vivo 2025. Todo un reto inimaxinable 48 horas antes para o mariñán, que non foi o único profesional da comarca presente no parque pontevedrés de Tafisa, pois a fotógrafa ribadense Cris Andina tamén inmortalizou varios momentos da actuación de JLo na que a gran diva arrasou.

ADRIÁN BAÚLDE

Rubén Alonso «picou» durante unha hora, aínda que inicialmente a proposta da organización era de hora e media. Pese ao recorte de horario, foi o seu particular happy hour. No momento da sesión, de 20.30 a 21.30, non puido estar pendente do móbil, obviamente, pero cando chegou a calma, despois do concerto, di que tiña moitas mensaxes en redes sociais: «Unha pila de whatsapps e Instagram a rebentar». Todos en positivo: «Foron mensaxes de apoio de coñecidos e amigos. Moi ben. De feito vin medio camiño contestando pero non me daba a vida para máis».

@lavozdegalicia_

🎧🎶El disyóquey de Foz Piti, fue el elegido para abrir el concierto de @JLO en Pontevedra 🗣️ «Ata cheguei a ter dúbidas de se sería unha broma pesada», aseguraba

♬ sonido original - La Voz de Galicia 📰
«Non mo crín ata que me abriron as portas do recinto e din o nome»  

«Non mo crín ata que me abriron as portas do recinto e din o nome e os encargados falaron con quen mandaba. Entramos no coche e xa lles dixen: 'Era verdade'. Empezaron a rir. Dentro, houbo outro pase de seguridade. Todo era moi moi estricto. Unha vez entramos, coñecín aos promotores. Tratáronme xenial. A ela nin a vin naquel momento. Eu fun facer o meu e ela estaba facendo o seu», describe. No backstage posou para os fotógrafos e fixéronlle vídeos. «Houberame gustado ter máis tempo para preparar unha sesión así, ainda que moitas veces improviso», engade. «Cando subín ao escenario estaa o recinto practicamente cheo. Era unha warm up pero non ao uso. Polo que me habían contado pensei que ía empezar a poñer música co recinto vacío e iría entrando a xente pero non foi así. Cando acabei, estaba a rebentar de todo. Algo así con tanta ou máis xente fixera na Festa Normanda de Foz e no Arde Lucus, precisamente co rapaz que me propuxo para este evento», sinala Rubén Alonso.

ADRIÁN BAÚLDE

DJ Iampiti caldeou o ambiente con temas moi diversos: «Canto máis ritmo metía, mellor». Cara ao final puxo un remix de Lles Enxebres da canción de Ana Gabriel Mil bicos/Obsesión «que está moito de moda xa dende o verán pasado e este tamén. É unha versión tecnohouse moi animada» e outros tamén non tan coñecidos como Weekend de Dimash Qudaibergen, estrela mundial kazaka, e o DJ turco Burak Yeter, dándose a circunstancia de que Jennifer López incluíu a Casaquistán na súa Up All Night Tour. Pontevedra foi o punto de inicio da xira e Almaty será o final, o 10 de agosto

Esta fin de semana, DJ Iampiti estará na sardiñada da Pena Ñasss e As Farangullas, na previa das Festas do Carme en Foz, e na Burguer Fest que se celebrará en Viveiro. Preguntado Rubén Alonso sobre se tras o seu experencia no concerto de JLo subiu caché, responde: «Por que? Son ou mesmo onte que hai tres días».