Veciños do Vicedo volverán manifestarse este domingo 29 para pedir médicos
O VICEDO / LA VOZ
A MARIÑA

Máis dun ano levan varios colectivos mobilizándose e solicitándolle ao Sergas que cubra as prazas de facultativos
29 jun 2025 . Actualizado á 09:59 h.Como cada mes desde fai máis dun ano, diversos colectivos e asociacións do Vicedo convocaron unha nova manifestación para reclamarlle ao Sergas que cubra as prazas de facultativos no municipio.
Baixo o lema «Médicos no Vicedo Xa» mobilizaranse de novo este domingo 29 de xuño a partir das 11.30 horas. Sairán do Concello e percorrerán varias rúas ata o centro médico. Os convocantes reclaman este servizo básico facendo especial incidencia agora no verán, cando o municipio aumenta considerablemente a súa poboación.