
Recoñece a súa aposta pola innovación e a súa contribución para fixar poboación no rural; a empresa, con máis de 50 traballadores, está especializada en fabricar elementos metálicos para a construción e a industria
26 jun 2025 . Actualizado á 14:37 h.Industrial Recense, firma da Pontenova fundada no ano 1953 especializada en fabricación de elementos metálicos para a construción e a industria, recibiu este xoves o Premio Peme do Ano de Lugo de 2025, galardón que outorgan o Banco Santander e a Cámara de Comercio de España.
O director xeral de Industrial Recense, Luis López Fulgueira, foi o encargado de recoller o premio nun acto que se celebrou na sede principal do Banco Santander en Lugo. Industrial Recense concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2025, que se elixirá entre os gañadores de cada provincia. O nome coñecerase nos primeiros meses de 2026, nun evento que se celebrará en Madrid.
Industrial Recense conta na actualidade cun persoal de máis de 50 traballadores, «destacando pola súa especialización e formación permanente, contribuíndo pola súa especial localización a asentar poboación no rural e a incrementar a calidade de vida no territorio no que desenvolve a súa actividade», destacouse na entrega do premio.