O Concello ribadense recomenda non bañarse na praia de Vos Bloques ao detectarse un nivel alto de microorganismos

La Voz

A MARIÑA

Non dispoñible

Detectaron un nivel alto de enterococos intestinais, moi superior aos límites permitidos

13 may 2025 . Actualizado á 22:28 h.

Desde o Concello de Ribadeo, a través da delegación de Medio Ambiente, recomendan non bañarse na praia de Vos Bloques. Avisan que se detectou nas últimas análises un nivel alto de enterococos intestinais, moi superior aos límites permitidos. 

Este nivel de microorganismos excede o establecido para as augas de baño. A mostra, segundo indican, foi recollida por unha empresa filial de Tragsa este pasado luns. O aviso foi comunicado por persoal da xefatura provincial de Sanidade ao concello ribadense. As causas deste nivel alto non se explican neste aviso inicial. A temperatura destes días, con choivas intermitentes, tampouco incitan ao baño.