Dous meses de goberno do PP en Viveiro trala moción de censura

María Loureiro

A MARIÑA

PEPA LOSADA

11 may 2025 . Actualizado a las 13:15 h.

O Partido Socialista aceptou democraticamente a moción de censura que me destituiu como alcaldesa e respectamos o novo Goberno municipal. Pero tamén dende o respecto imos rebater e explicar aos veciños/as de todo o que se nos acuse inxustamente.

Ós dous dias de tomar posesión a nova alcaldesa xa dicía que estaba todo mal e que deixamos todo feito un desastre. Nin lle dera tempo de reunirse cos diferentes departamentos. Iso quere decir que xa entrou co guión para botarnos a culpa de todo.

Loxicamente quedaron cousas a medias e sen tramitar porque en 10 días nos botaron e aínda que pechamos moitos asuntos e tramitacións, sobre todo en relación coas subvencións, senón perdíamolas, quedaron otras cousas porque non se nos deu máis tempo.

Hai unha realidade, que non din porque non lles convén ; no 2015 o Concello de Viveiro tiña unha débeda de 14 millóns de euros e agora no 2025 a débeda baixou ata 6,7 millóns.

Este novo Goberno ten boa sorte, non como o anterior Goberno bipartito do 2003. Cando Melchor Roel foi alcalde había unha débeda de 11 millóns de euros, hai 22 anos, que agora sería case o triple. Esa foi a débeda que deixou o mentor da alcaldesa o sr César Aja, o que condicinou todos estos anos ao Concello de Viveiro.

Nós o que fixemos foi reducila e manter o servicios para os veciños/as. Nestes dous meses de Goberno, é certo que non é moito tempo, pero non houbo compromisos para o Concello, só declaracións de intencións e moita foto, eso si. Para demostrar que os conselleiros a reciben en Santiago e a min non.

¿E sabedes por que aínda non houbo ningún compromiso para Viveiro? Porque os presupostos da Xunta xa estan aprobados, e cando se elaboraron e aprobaron a Alcaldesa aínda era eu, socialista, e por iso non contaron con Viveiro.

De todos modos eu xa dixen que ogallá faga a Xunta de Galicia moitas cousas por Viveiro, eso ha ser moi bo para todos o veciños/as.

Mentres, estánse a facer cousas en Viveiro, obras que deixamos aprobadas e licitadas polo anterior Goberno (área socialista). As beirarrúas de Magazos, a fachada marítima de Celeiro, o campamento de verán, obras que están incluídas xa no plan da Deputacion como o Barrio do Conexo en Covas ou arranxo do vaso pequeno da piscina, coa instalación dunha deshumefectadora.

Dende o partido Socialista imos seguir traballando para os veciños e veciñas e nunca imos bloquear por intereses politicos calquera iniciativa que sexa boa para Viveiro e para o conxunto da cidadanía.

* María Loureiro, portavoz do PSOE e ex alcaldesa de Viveiro.