O supermercado Día de Alcampo en Burela, un dos afectados polo peche de 25 centros da cadea en España
A MARIÑA

Nada se sabe sobre o súpers de Día de Viveiro, en Cantarrana-Covas, adquirido tamén por Alcampo en 2023
08 may 2025 . Actualizado á 22:33 h.Alcampo anunciou que pechará 25 supermercados en España e que o ERE que aplicará afectará a máis de 700 empregados neste país. Desde a cadea enviaron aos representantes sindicais dos empregados unha listaxe cos centros afectados polo despedimento colectivo no que se inclúen varios hipermercados Día, adquiridos no seu momento por Alcampo anos atrás, aínda que na listaxe a empresa non detallou que supermercados son os que se pecharán.
Nesa relación de centros afectados hai catro galegos: o da estrada de Catabois en Ferrol, o da avenida de Arteixo na Coruña, o de Boiro e o Día de Burela. Todos eles teñen en común que son ningúns dos 224 supermercados adquiridos por Alcampo a Día hai dous anos. Nesa listaxe en principio non aparece o supermercado Día de Viveiro, en Cantarrana-Covas, adquirido tamén por Alcampo en 2023 (na imaxe).