La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Piden asistencia sanitaria para unha persoa ferida tras caer dun quad en Mondoñedo

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Un particular foi o que informou ao 112 e ao lugar enviaron unha ambulancia

04 may 2025 . Actualizado á 11:11 h.

Un particular chamou sobre as 20.50 horas deste sábado ao 112 para informar de que unha persoa sufrira unha caída dun quad en Mondoñedo e necesitaba asistencia sanitaria. A persoa que informaba indicaba que o ferido tiña unha forte dor no peito.

O accidente rexistrouse nunha pista forestal de Viloalle, nunha vía que comunica Coto coa estrada LU-160, segundo indicaron desde a central de emerxencias de Galicia. Desde ese departamento avisaron a Urxencias Sanitarias-061 e á Garda Civil de Tráfico. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia e tamén axentes da Garda Civil, non de Tráfico, ao tratarse dunha vía forestal, segundo precisaron.