![](https://img.lavdg.com/sc/-t54EG9lWjMfUn2eXe7cGVFhIzI=/480x/2025/02/09/00121739130002131544486/Foto/i_20250209_182122000.jpg)
A ofrenda floral en recordo de quen fose presidente celebrouse onte pola tarde no porto
10 feb 2025 . Actualizado á 09:33 h.Cruz Vermella celebrou este domingo no porto de Burela unha ofrenda floral en honra a Ángel Fernández Acción, quen fose presidente da organización e que faleceu recentemente. Con este acto recoñeceuse o seu compromiso e dedicación con Cruz Roja e coa comunidade.
No acto participaron tamén amigos e veciños. A embarcación de Salvamento Marítimo L.S. Saturno e a súa tripulación recibiron unha coroa e depositárona mar dentro.
Ángel Fernández Acción faleceu a finais de xaneiro en Burela, localidade onde a noticia causou gran pesar xa que durante 17 anos fora coordinador de seguridade marítima na Capitanía marítima, ademais de delegado de Cruz Roja. Exercía como xuíz de paz.