21 artistas reflexionan sobre a enfermidade de Alzheimer nunha exposición no Museo do Mar de San Cibrao

M.C. SAN CIBRAO / LA VOZ

A MARIÑA

M. MARRAS

A mostra, enmarcada no proxecto «Conservas de Memorias», inaugurarase este xoves 21 ás 17 horas

20 nov 2024 . Actualizado á 14:47 h.

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá este xoves 21 de novembro, ás 17.00 horas, a presentación da exposición enmarcada dentro do proxecto «Conservas de Memoria». No Día Mundial do Alzheimer lémbrase tamén así a loita dos pacientes e das súas familias fronte a esta enfermidade.

A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a través da Rede Museística Provincial de Lugou, colabora co tecido asociativo co programa «Conserva de Memorias».

21 artistas da comarca mariñá participan na actividade «Memorias en lata» plasmando as súas reflexións sobre a enfermidade en bolsas de tea ás que se sumará unha obra colectiva realizada polo alumnado do IES Alfoz-O Valadouro. Os artistas que participan son Caxigueiro, Juanel, Cristina Basanta, Mauro Leivas, Belén Mogo, Neira Brochs, Chus Lage, Carmen Llonín, Ignacio Castro «Nachok», Lu Vila, Julián Bouza, Alicia Puchades, Carmen Porteiro, Pedro Cabarcos, María Martín, David Catá, H. Xeada, Laura Díaz e María Jesús Alonso López.