Santa Emilia, en Mondoñedo, prepara outro gran concerto mensual, de jazz e blues
A MARIÑA
Darao Paul San Martín & Fran Serrano Dúo o próximo día 30; entradas xa á venda
17 nov 2024 . Actualizado á 18:43 h.O prestixio do cartel do Centro Cultural Santa Emilia, situado no Salón dos Piares do palacio indiano mindoniense do mesmo nome, demóstrase mes a mes. É unha programación mensual estable que trae o mellor do mellor á cidade episcopal, para toda A Mariña e máis aló da comarca, pois atrae público do resto da provincia e doutras próximas. A seguinte cita será o sábado 30 de novembro, cos sons do jazz e do blues. Ás 20.00 está previsto o concerto de Paul San Martin & Fran Serrano Dúo. O custo da entrada é de 25 euros e inclúe viño seleccionado de adegas e entremeses, despois da música en vivo. «Pura emoción e talento en cada nota», describen sobre o seu virtuosismo musical. Entradas xa á venda na páxina web. Tamén se poden adquirir por teléfono, chamando ao número 644 694 280 de luns a domingo de 9.00 a 21.00 horas.