Gran domingo de fútbol na Mariña: o San Ciprián busca o ascenso, e Foz, Iberia e Candelaria, a final da Copa Deputación

francisco palmeiro

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A semifinal copeira fronte ao Atlético Escairón suporá a despedida do mítico Jesús Gayol como adestrador no Martínez Otero

08 jun 2024 . Actualizado á 12:11 h.

Tras o 0-0 da ida, só a vitoria, en 90 minutos ou na prórroga serve ao San Ciprián para ascender este domingo na volta da final do play off contra o Racing Vilalbés B (A Fonte de Cospeito, 17 horas). O conxunto de Jaime Méndez, que xa venceu 0-1 ao filial chairego no precedente ligueiro, rematou a fase regular na cuarta praza, a 12 puntos do seu rival.

PEPA LOSADA

O Foz reta ao Escairón no adeus do Martínez Otero a Gayol

Aínda que seguirá vinculado o club, Jesús María Gayol deixará de adestrar ao Foz a final de tempada. E quere facelo co seu enésimo título na Copa Deputación de Preferente e Primeira Galicia. O técnico despedirase da súa inchada na semifinal contra un Atlético Escairón (Martínez Otero, 12 horas) ao que os mariñáns tratarán de atragoar a festa polo seu recente ascenso no play off.

Iberia e Candelaria xogan a praza mariñá na final de Copa Deputación

Suceda o que suceda, haberá un equipo mariñán na final da Copa Deputación para conxuntos de Segundo e Terceira Galicia. Medirase ao Becerreá, que venceu 1-0 ao Friol, o vindeiro sábado 15 no Anxo Carro. Iberia e Candelaria (As Vallas, 18 horas) disputan unha semifinal de poder a poder para ilusionar ás súas inchadas coa oporrtunidad de pechar o curso cun título.