Inaugurada unha exposición na leira anexa ao Museo do Mar de San Cibrao

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Con pezas marítimas cedidas durante un ano propiedade de Ángel Fernández e Moncho Rivas

08 abr 2024 . Actualizado á 14:10 h.

O pasado domingo foi inaugurada a exposición «Sucando Mares», na leira anexa ao Museo do Mar de San Cibrao. A mostra é froito dun convenio de colaboración subscribido polo Concello coa asociación Mar de San Ciprián, que contempla a cesión durante un ano de pezas marítimas propiedade de Ángel Fernández e de Moncho Rivas. A intención do goberno local é crear unha exhibición ao aire libre.