O Viveiro recibe ao Barbadás nunha partido clave pola permanencia

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Xaime Ramallal

Coa baixa de Núñez e a dúbida de Miguel Ángel, o cadro celeste enfróntase a un rival con só dous puntos máis no mediodía deste domingo

06 abr 2024 . Actualizado á 19:23 h.

Tras a súa derrota contra o pechacancelas, o Viveiro recibe este domingo ao Barbadás nunha partido clave pola permanencia en Terceira Federación (Cantarrana, 12 horas). Os mariñáns sitúanse ao fío do precipicio con 30 puntos, mentres que os ourensáns, que gañaron 2-1 o duelo da primeira volta e enlazan cinco xornadas sen perder, teñen 32.

Alberto López verá minguada a súa convocatoria pola coñecida baixa do capitán Diego Núñez, e ten a dúbida do defensa zurdo Miguel Ángel, un fixo desde a súa fichaxe no mercado invernal, por unha tendinite no xeonllo.