Animadísima Foliada Nordestía en San Cibrao, con cantos de taberna e enxalzando a cultura tradicional

e. g. CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

24 mar 2024 . Actualizado á 14:15 h.

A Foliada Nordestía de San Cibrao brillou con luz propia o pasado sábado, baixo a organización da Rebolaxe e con colaboración municipal. Prevíase que o evento enchese« de vida e moita música» a península da paz. E así foi. Animadísima estivo a xornada na que a cultura tradicional resplandeció, a través dos cantos de taberna (con concurso incluído, que gañaron Netos do Escribano, Pandereteiros do Inferno e Cordenaia, en orde de primeiro a terceiro) e da sobremesa tras a comida popular. A foliada cervense alongouse ata ben pasada a noite, ocasión en que Brúa, Tanto Nos Ten e Banda Xangai acabaron de exemplificar aquilo de «festa rachada!».