Luz San Martín e Domingo Álvarez triunfan no Nacional máster de atletismo en pista curta

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

Conseguiron cinco medallas para o Egovarros Viveiro en Santander

06 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Con só dous atletas en liza, o CD Egovarros Viveiro atrapou cinco medallas no Campionato de España máster de atletismo en pista curta que se celebrou a pasada fin de semana en San Sebastián . Domingo Álvarez Iglesias colgouse un ouro e un bronce, e a súa compañeira María Amalia Luz San Martín Fernández conseguiu un título nacional e dous subcampeonatos.

Aos seus 74 anos Luz San Martín dominou a proba de 60 metros na división F70 cunha marca de 11.23, mentres que foi segunda nos 200 con 39.70 e tamén nos 400 cun tempo de 1.36.63.

Con 72 anos, Domingo Álvarez competiu na categoría M70 e dominou a carreira de 400 metros con 1.19.23, foi terceiro en 800 con 2.59.09 e cuarto no 1.500 con 6.05.35.