En memoria de Sagrario Coldeira

A MariÑA

DO LIBRO " HISTORIA DE SAN CIPRIÁN "

29 feb 2024 . Actualizado ás 20:34 h.

Lembrábame a miña nenez e a miña mocidade. Era testemuña daquel San Ciprián, porto de mar, no que os patróns da cabotaxe contaban as súas singraduras. E disto sabían moito os Coldeira. Tiña sempre un sorriso para todos.

Aqueles ollos tan vivos. Sagrario era a anfitrioa que nos protexía desde esa fermosa casa de pedra na beira do río. Agora si que se nos ha ir a última madriña dun San Ciprián onde polas mañás nos espertabamos co son do corno mariño e durmiámonos/durmiámosnos con esa rolda lumínica desde o mar a terra que facía o vello faro. Non queda nada dese mundo que lle gustou recrear nunha das súas novelas a Emilio Salgari.

O tempo non dá marcha atrás. ¡Que mágoa!. Por dúas razóns de moito peso. Para que os máis novos gozasen o que gozamos os da miña xeración grazas a xente do país como Sagrario. Para recuperar aquela convivencia entre veciños desde o porto de arriba ata Lieiro cando as portas das casas, con dúas follas de madeira, sempre, día e noite, permanecían abertas.

Eramos ou Porto. Pasabamos entre estaleiros camiño dos Campos. Celebrabamos o San Andrés como a festa do inverno. Acudiamos a Vila para comprar o que non tiñamos aquí, a pesar do magnífico comercio que hoxe xa non queda. Era ese mundo de ilusión. E Sagrario Coldeira desde a fiestra da súa casa en Lieiro víanos aprender a navegar nun chalano pola ría coa marea chea chegando ata a ponte medieval -"romano". Síntoo. Tanto Quico como Sagrarito, os seus fillos, que son da miña xeración; ou Begoña, Pilar . Fonso, Santi etc os seus sobriños. E sen dúbida os seus netos, saben con que triste nostalxia quedo. Quedamos os de antes...