Álex Meitín marca as diferenzas (2-0)

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

Xaime Ramallal

O seu dobrete amplía a marxe do Ribadeo sobre un Victoria en descenso

25 feb 2024 . Actualizado ás 21:46 h.

O Ribadeo soubo sufrir para conseguir unha vitoria imprescindible e afastarse a seis puntos dun Victoria en postos de descenso na Preferente Norte. Álex Meitín marcou as diferenzas cun dobrete nun partido durísimo para un conxunto de Pichi que crece desde a seriedade defensiva e a fiabilidade no seu feudo.

Entraron mellor ao partido os coruñeses, máis metidos nas pelotas divididas, pero un par de axustes tácticos permitiron aos mariñáns igualar as forzas. E nesa fase previa ao descanso o dianteiro de Xove aproveitou dous servizos de Pablo Castrín desde a banda esquerda para tramitar un novo triunfo.

O Victoria volveu facerse co dominio na continuación, encerrou aos locais preto da súa área e xerou unha constante sensación de perigo, pero non puido recortar diferenzas ante o aguerrido cadro ribadense.

RIBADEO FC, 2: Carreira; Guntín, Xairo, Xaime, Santi (Criss, min 62), Álex Meitín, Iván Rodríguez (Nuno, min 85), Pablo Castrín, Asier, Matías (Isma, min 55) e Simón. 

VITORIA CF, 0: Álvaro Barato; Iván Mandayo, David Seo , Ivi Vázquez (Samu Rumbo, min 55), Sergio Rodríguez, Samu Pardo (Ernesto Roupa, min 79), Jorge Otero, Martín, Pipo (Adri Méndez, min 55), Carpente (Santi, min 79) e Varela.

GOLES: 1-0, min 33: Álex Meitín. 2-0, min 37: Álex Meitín.

ÁRBITRO: Estraviz Pardo (A Coruña). Amarelas a Xairo, Matías, Carreira, Pablo Castrín e Pipo.

INCIDENCIAS: Partido disputado no Pepe Barreira.