Luis Riveira cólgase o bronce nos 50 bolboreta do Galego infantil

La Voz

A MariÑA

O nadador do CN Xove foi terceiro entre os nados no 2009

18 feb 2024 . Actualizado ás 18:26 h.

Apenas unha semana despois da exhibición de Rubén Antón no Campionato Galego alevín, o Club Natación Xove volveu ver a unha das súas mellores promesas no podio. Luis Riveira Poo conseguiu un bronce no autonómico infantil celebrado na piscina longa de Rías do Sur, en Pontevedra.

O mariñán foi terceiro entre os nados no 2009 nos 50 metros bolboreta. Completou o longo en 30.37, só superado por Nicolás Carril, do Arzúa, e Lucas Domínguez, do Marina Ferrol.

O mariñán, ademais, foi quinto nos 50 libre e undécimo nos 100.