Un accidente na A-8 en Ribadeo mobiliza a unha ambulancia e aos bombeiros

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

Bombeiros de Barreiros

Un vehículo saíuse da vía á altura de Piñera, en dirección Asturias

10 feb 2024 . Actualizado ás 13:03 h.

Sobre as 17.30 horas deste venres rexistrouse unha saída de vía no quilómetro 510 da Autovía do Cantábrico, a A-8, no termo municipal de Ribadeo . O suceso rexistrouse en Piñeira. Segundo informou o 112, o vehículo implicado circulaba en dirección Asturias. Nun primeiro momento mobilizáronse aos bombeiros do parque comarcal de Barreiros e tamén unha ambulancia do 061.

Foi un particular o que alertou ao 112 de que unha persoa estaba fóra do vehículo. Desde Emerxencias tamén avisaron á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de conservación de Estradas. Os bombeiros sinalizaron a zona e realizaron un control de riscos e de derrames.