Brétema Band abriu desde Celeiro o ciclo viveirense «Música nas parroquias»

e. garcia VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

14 ene 2024 . Actualizado ás 18:25 h.

O ciclo de concertos do Concello de Viveiro en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro «Música nas parroquias» arrincou este sábado día 13 cunha cita na Casa do Forno de Celeiro que tivo como protagonista ao grupo de rock Brétema Band, da Asociación de Adultos do Conservatorio que preside Mario Vale. O conxunto musical está dirixido por Lino Rico e conta con Pedro Cora e Mario Vale en calidade de vocalistas. O obxectivo do ciclo viveirense é «promocionar e impulsar aos e ás artistas musicais viveirenses, visibilizando ou seu enorme talento», en palabras da alcaldesa, María Loureiro.