Villares será o número 3 do PP lucense e o BNG anuncia unha lista con seis mariñáns

La Voz

A MariÑA

Alfonso Villares, conselleiro do Mar
Alfonso Villares , conselleiro do Mar PEPA LOSADA

No PSOE, Jorge Val e Catalina Fernández acompañarán a Mayra García na candidatura provincial ás eleccións galegas

14 ene 2024 . Actualizado ás 20:58 h.

O conselleiro do Mar, o cervense Alfonso Villares , será o número 3 da lista do PP por Lugo de cara ás eleccións galegas, candidatura que encabeza a ex alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia.

O BNG mostrou as súas cartas. O ribadense Daniel Castro García, deputado autonómico na anterior lexislatura, será o número 2 do Bloque lucense de cara ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro. Encabeza a lista OlallaRodil .

Cinco concelleiros do Bloque en municipios mariñáns aparecen na lista: a viveirense Iria Cotelo Cociña, no quinto posto; a xovense Pilar Vázquez Sánchez, no sétimo; o mindoniense Eloi Cabanas Ramos, no décimo; a burelense Alejandra Fernández Cillero, no 13; e Miguel Gómez Fraga (O Vicedo), no 14.

No PSOE, acompañan a José Ramón Gómez Besteiro e á xa ex rexedora de Trabada, Mayra García (posto 3), Catalina Fernández Méndez (9), edila en Viveiro , e Jorge Val (número 14), tenente de alcaldesa en Alfoz .