O Madeiras Barcia Lourenzá Cervo dominou no comarcal de campo a través de Cangas de Foz

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

Dominou en sete das oito categorías

05 dic 2023 . Actualizado ás 19:24 h.

O Madeiras Barcia Lourenzá Cervo foi o gran dominador do campionato comarcal escolar de campo a través disputado o pasado domingo en Cangas de Foz. Os seus atletas triunfaron en sete das oito categorías e gañaron un total de once medallas, polas sete do Ría de Foz, tres do tamén focense Martínez Otero, dous do Ribadeo e unha do Egovarros Viveiro.

Clasificáronse para o provincial, que se celebrará o próximo día 16 tamén en Cangas de Foz, os dous mellores equipos de cada categoría e os mellores atletas individuais. En benxamín feminino ocuparon as dúas primeiras prazas os dous conxuntos do Madeiras Barcia Lourenzá Cervo; en benxamín masculino, o Madeiras Barcia A e o Martínez Otero; en alevín feminino Madeiras Barcia e EDM Barreiros; en alevín feminino, Madeiras Barcia e Egovarros; Ría de Foz A e Ría de Foz B dominaron a división infantil feminina; Ría de Foz A e Madeiras Barcia, a infantil masculina; Madeiras Barcia e Ría de Foz tamén foron os mellores en cadete feminino; e en cadete masculino a orde foi Ría de Foz e Madeiras Barcia.

Nos podios individuais arrasou o Madeiras Barcia Lourenzá Cervo con sete vitorias: Mara Kruger e Jesús García foron os campións benxamíns; Aya Ibti (Ría de Foz) e Jonatan León, os alevíns; Aroa López e Pedro Moirón, os infantís; e Lidia Balseiro e Nicolás Méndez, os cadetes.