Xuízo por un presunto delito de apropiación indebida de pezas e obras de Sargadelos para unha exposición sobre Díaz Pardo

La Voz CERVO / LA VOZ

A MariÑA

ALBERTO LÓPEZ

A empresa de cerámica denunciou os feitos tras non ser restituídos os artigos á propiedade

04 dic 2023 . Actualizado ás 18:55 h.

A sede xudicial chegará o próximo día 18 deste mes o proceso aberto tras a correspondente denuncia formulada pola Fábrica de Cerámica de Sargadelos S.L. por un presunto delito de apropiación indebida e de falsidade documental.

O Xulgado de Instrución número 3 de Lugo abriu dilixencias previas neste procedemento no que se trata de esclarecer os detalles que rodean un caso iniciado por mor da denuncia da firma de cerámica despois de non ser restituídas ás fábricas do Castro e de Sargadelos varias das pezas que formaron parte dunha exposición sobre Díaz Pardo que acolleu un museo da provincia lucense no ano 2014, segundo indicaron fontes consultadas da firma. Nas dilixencias previas estaba previsto tomar varias declaracións.