Mércores con temperaturas xélidas na  Mariña

e. g. VIVEIRO/LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

A Gañidoira amenceu cunha estampa branca e na estación de Santa Cruz do Valadouro rexistráronse, pouco antes das nove da mañá, 2,7 graos baixo cero

08 feb 2023 . Actualizado á 10:39 h.

O porto da Gañidoira presenta esta mañá un aspecto totalmente branco. Esa estampa acompáñase tamén con temperaturas realmente xélidas como as detectadas en boa parte da Mariña. Por pór un exemplo, a sensación térmica marcada na web de Meteogalicia a tal hora da mañá era de pouco máis de 4 graos en Viveiro. Por baixo de cero, concretamente menos 2,7 graos, rexistráronse, segundo o devandito portal, na estación de Santa Cruz, situada no Valadouro, ás 8.50 horas.

No que respecta ao vento, que tamén contribúe a notar máis frío no ambiente, na última madrugada de martes a mércores, na estación de Penedo do Galo en Viveiro houbo un refacho de 71,3 quilómetros (1.20 horas) e en Ou Xistral outra de 73,2 quilómetros por hora (sobre as 2.00 horas).